Saturday 18 de May de 2024

O SNL da Mancomunidade de Ordes continúa a bo ritmo as súas clases de cara á obtención do certificado Celga


O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes continúa a bo ritmo coas clases de Celga nivel básico de lingua galega. Durante tres días á semana un total de 10 persoas procedentes de lugares como Cataluña, Colombia, O Brasil, A Arxentina, Venezuela, Marrocos e a mesma Galicia, asisten ás clases que se imparten en horario de mañá. O obxectivo principal de todo o alumnado é acadar a certificación das competencias básicas en lingua galega e o certificado de lingua galega, requisito indispensable para procesos de seleccións no ámbito público.